Herramientas Personales
Acceder
Usted está aquí: Inicio Comunicación Prensa Noticias 4.ª CONVOCATORIA DO PROGRAMA IACOBUS

4.ª CONVOCATORIA DO PROGRAMA IACOBUS

137 PROXECTOS SELECCIONADOS RELACIÓN DEFINITIVA DE CANDIDATURAS SELECCIONADAS

Tras avaliar as 311 candidaturas presentadas na plataforma ata o día 11 de xaneiro, a Comisión aprobou 137 candidaturas: 73 Docentes (PDI), 19 Persoal de Administración e Servizos (PAS) e 35 Investigadores de Doutoramento e de Pos-Doutoramento.

Destas 137 candidaturas seleccionadas, 69 son das universidades portuguesas e 73 son oriúndas das universidades galegas.

As áreas de traballo dos 137 beneficiarios desta 4ª Convocatoria, cuxo período de intercambio decorre entre o día 1 de febreiro e o día 30 de xuño, son moitas, destacando as Ciencias da Saúde (Medicina, Farmacia, Química Alimentaria, Veterinaria), as Humanidades (Xeografía, Linguas, Historia e Educación), as Enxeñarías (Civil, Industrial, Electrónica, Física e Química), as Ciencias Económicas e Empresariais (Xestión, Economía, Contabilidade e Marketing), as Ciencias Sociais (Socioloxía e Estudos da Comunicación), as Tecnoloxías da Información e Comunicación, as Ciencias Ambientais (Bioloxía), os Recursos Naturais (Agricultura, Forestal e Marítima), o Dereito, entre outras (Matemática, Cultura, Belas Artes, Turismo e Deporte).

A 4ª convocatoria do Programa IACOBUS ten unha dotación orzamentaria de 150.000€.

A selección dos demandantes foi realizada por unha Comisión de Avaliación presidida polo GNP, AECT, na calidade de entidade xestora do Programa IACOBUS, incluíndo representantes da Fundación CEER, en representación das Universidades da Eurorrexión, da CCDR-N do Norte de Portugal e da Xunta de Galicia.

Lista Definitiva dos Selecionados