Herramientas Personales
Acceder
Usted está aquí: Inicio Comunicación Prensa Noticias ABERTA A 4ª CONVOCATORIA DO PROGRAMA IACOBUS

ABERTA A 4ª CONVOCATORIA DO PROGRAMA IACOBUS

Candidaturas On-line na Plataforma IACOBUS. As candidaturas poderanse presentar dende o 8 de decembro de 2016 ata o 11 de xaneiro de 2017. Con un financiamento de 150 mil euros, o IACOBUS apoiará proxectos de intercambio a efectuarse entre o 1 de febreiro e o 30 de xuño de 2017.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) anunciou a abertura da 4ª convocatoria do programa IACOBUS que, nesta edición, simplifica os seus procedementos, sendo as candidaturas presentadas a través dunha nova plataforma electrónica.

O IACOBUS é un Programa de intercambio de Investigadores, Docentes e Persoal de Administración e Servizos, entre distintas institucións do Ensino Superior de Galicia e do Norte de Portugal, abranguendo todas as áreas de estudo. Do IACOBUS forman parte as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Porto, Miño, Trás-os-Montes e Alto Douro e a Católica Portuguesa, para alén dos Institutos Politécnicos do Porto, Bragança, Viana do Castelo e Cávado.

As tres Convocatorias realizadas entre os anos 2014 e 2016 tiveron un gran seguimento, tanto a nivel de candidaturas presentadas como de proxectos aprobados. Na 1ª convocatoria, de 190 candidaturas, foron aprobados 118 proxectos; na 2ª presentáronse a concurso 223 candidaturas, sendo seleccionados 119 proxectos e na 3ª 130 candidaturas foron elixidas dun total de 203 presentadas. Das tres convocatorias, beneficiáronse 367 persoas de ámbolos sexos e de distintas idades.

As candidaturas poderán presentarse dende o 8 de decembro de 2016 ata o 11 de xaneiro de 2017. Os intercambios (de 1 a 2 semanas para Profesores e PAS e de 1 a 3 meses para investigadores) poderán ser realizados de 1 de febreiro a 30 de xuño de 2017.

Toda a información desta nova convocatoria IACOBUS e as súas bases, están dispoñibles na Web do IACOBUS iacobus.gnpaect.eu

Vigo, 7 de decembro de 2016

archivado en: ,