Herramientas Personales
Acceder
Usted está aquí: Inicio Comunicación Prensa Noticias As literaturas galega e portuguesa nas Conversas Nortear

As literaturas galega e portuguesa nas Conversas Nortear

Os escritores Valter Hugo Mãe e Inma López Silva participan, o próximo día 29 de marzo de 2017, ás 18h30, na quinta sesión da iniciativa «Conversas Nortear», que terá lugar na Escola de Idiomas de Pontevedra, en Galicia. Lara Dopazo Ruibal, gañadora da 1ª edición do Premio Literario Nortear, será a moderadora deste encontr

As «Conversas Nortear» son unha iniciativa conxunta da Dirección Rexional de Cultura do Norte, da Xunta da Galicia e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal, no ámbito do Memorando de Entendemento celebrado entre as tres entidades.

Estas conversas teñen como obxectivo promover o coñecemento e a circulación de diferentes expresións culturais existentes nos territorios afectados, a partir de dinámicas e redes de colaboración eficaces entre as dúas rexións.

Sobre o autor e autora convidados

VALTER HUGO MÃE

Un dos máis destacados autores portugueses da actualidade. A súa obra está traducida a moitas linguas, e mereceu unha prestixiosa acollida en varios países; recibiu numerosos premios, entre eles o Premio Literario José Saramago e o Gran Premio Portugal Telecom ao Mellor Libro do Ano e o Premio Portugal Telecom á Melhor Novela do Ano.

INMA LÓPEZ SILVA

Escritora e crítica teatral. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. É membro dos consellos de redacción das máis importantes revistas de teatro e de análise política e cultural. Ten publicadas obras verbo do teatro galego e novelas e ensaios, que recibiron diferentes premios como o Xerais, o Murguía e o Blanco Amor.

archivado en: