Herramientas Personales
Acceder
Usted está aquí: Inicio Comunicación Prensa Noticias Comisións sectoriais e territoriais da Comunidade de TrabalLo Galicia – Norte de Portugal encontro de traballo conxunto

Comisións sectoriais e territoriais da Comunidade de TrabalLo Galicia – Norte de Portugal encontro de traballo conxunto

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT) inclúe na axenda do 20 de febreiro, a reunión das Comisións sectoriais e territoriais da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, que terá lugar nas instalacións da Escola de Ciencias Empresariais do IPVC, en Valença do Minho.

Dado que a finais do mes de febreiro de 2018 será publicada a segunda convocatoria do INTERREG VA España-Portugal, a Xunta de Galicia e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N), consideran oportuno convocar esta reunión para que os organismos integrantes da Comunidade de Traballo acorden estratexias e prioridades para formular proxectos comúns que podan aspirar a ser financiados, de acordo cos requisitos do programa.

A sesión estará presidida polo Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, e pola Vicepresidenta da CCDR-N, Ester Silva.

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal está estruturada en catro comisións sectoriais (Cidadanía, Desenvolvemento económico e turismo, Desenvolvemento sustentable e planificación e, Innovación e eficiencia enerxética) e en comisións territoriais, rexéndose polos obxectivos da Estratexia Europa 2020 para un crecemento intelixente, sustentable e integrador.

 

 

archivado en: