Herramientas Personales
Acceder
Usted está aquí: Inicio Comunicación Prensa Noticias CONTRATACIÓN DUN TÉCNICO PARA O PROXECTO ESPACIO ATLÁNTICO “Bluehuman”

CONTRATACIÓN DUN TÉCNICO PARA O PROXECTO ESPACIO ATLÁNTICO “Bluehuman”


RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN DA AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL GALICIA NORTE DE PORTUGAL (GNP, AECT) POLA QUE SE REALIZA A CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUN TÉCNICO MEDIANTE CONTRATO LABORAL DE OBRA OU SERVIZO DETERMINADO CON CARGO AO PROXECTO “Blue biotechnology as a road for innovation on HUMAN’s health aiming Smart growth in Atlantic Area (BlueHuman)” COFINANCIADO POLO PROGRAMA INTERREG ESPAZO ATLÁNTICO A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) DA UE.

 

1.- OBXECTO

O proceso selectivo ten por obxecto a contratación por obra ou servizo dun técnico de proxecto (unha única praza) que participe na execución  do proxecto BlueHuman. A persoa contratada prestará apoio ás tarefas técnicas e administrativas do proxecto.

 

2.- MODALIDADE E DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato a formalizar será por obra e servizo determinado por un período dun ano prorrogable, como máximo ata a finalización do proxecto. A xornada laboral será de 5 horas e se desenvolverá principalmente na sede da GNP, AECT (Vigo).

 

3.- TAREFAS

Encargarase das seguintes tarefas:

- Colaborar no desenvolvemento e posta en marcha das distintas actuacións previstas no proxecto.

- Colaborar na coordinación dos socios participantes do proxecto e participar nas distintas estruturas internas de coordinación e xestión do proxecto e nas reunións de traballo pertinentes.

- Prestar apoio á coordinación xeral do proxecto para a correcta execución do mesmo.

- Preparar informes, asistir a reunións de coordinación e, en xeral, realizar o conxunto de tarefas necesarias para garantir a boa marcha do proxecto.

- Apoiar a execución do plan de traballo do proxecto.

- Colaborar nas tarefas de divulgación do proxecto.

 

4.- REQUIRIMENTOS DOS CANDIDATOS

  • Titulación universitaria de grao superior: preferentemente en Ciencias do Mar (non excluínte).
  • Formación ou experiencia laboral en aspectos relacionados coa sustentabilidade da industria pesqueira / acuicultura.
  • Formación ou experiencia laboral na publicación e redacción de artigos e informes sobre a sustentabilidade da industria pesqueira / acuicultura.
  • Experiencia en organización e xestión de eventos do sector da industria pesqueira, preferentemente a nivel internacional.
  • Coñecementos dos idiomas castelán, galego, portugués, inglés e francés.
  • Manexo de programas informáticos a nivel usuario (procesadores de texto, follas de cálculo, presentacións, internet, correo electrónico, etc.). Coñecementos de publicacións web – contidos dixitais e community management.
  • Dispoñibilidade para desprazarse.

 

5.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Tras o período de presentación de candidaturas, a dirección da GNP, AECT procederá a avaliación dos currículos dos aspirantes axustándose aos requirimentos da presente convocatoria. Como criterios xerais de valoración teranse en conta: a adecuación do perfil á praza segundo os requisitos mencionados e baseado no curriculum vitae, a posesión dunha titulación preferente, a formación e a experiencia. Concretamente, a valoración farase en consonancia co seguinte:

  1. FORMACIÓN (máximo de 30 puntos):
    1. Estudos universitarios (licenciatura, máster ou doutorado) relacionados coa industria pesqueira (ata 10 puntos)
    2. Accións formativas (cursos, congresos, seminarios, etc.) relacionadas coa sustentabilidade da industria pesqueira (ata un máximo de 10 puntos).
    3. Idiomas: Debido a que BlueHuman é un proxecto europeo, o idioma de traballo preferente será o inglés, e o desempeño do posto de traballo requirirá a comunicación cos socios do proxecto en inglés así como a redacción de informes e documentos en dito idioma. Outros idiomas de traballo son galego, castelán, portugués e francés, dados os socios do proxecto (ata un máximo de 10 puntos).

 

  1. EXPERIENCIA (máximo de 30 puntos):
    1. Contratos de traballo relacionados coa xestión de coa sustentabilidade da industria pesqueira / acuicultura; a publicación e redacción de artigos e informes sobre a sustentabilidade da industria pesqueira / acuicultura; e a organización e xestión de eventos do sector da industria pesqueira, preferentemente a nivel internacional.  (2,5 puntos por ano, ata un máximo de 30 puntos).

 

  1. ENTREVISTA PERSOAL (máximo 40 puntos)

A Dirección da GNP, AECT  ultimará a selección cunha entrevista persoal. Valoraranse as cuestións relativas á experiencia profesional do candidato, coñecementos na área da industria pesqueira / acuicultura, a problemática da sustentabilidade de devandita industria e programas de financiación nacionais e europeos así como as súas aptitudes persoais para o bo desempeño da praza. A comisión de avaliación poderá fazar parte da entrevista nalgún dos devanditos idiomas (ata un máximo de 40 puntos)

 

  1. En caso de empate e de conformidade cunha política axeitada en materia de igualdade de xénero, daráselle prioridade ás candidaturas formuladas por mulleres.

 

Rematado este proceso, farase pública a resolución do procedemento de selección por parte da dirección da GNP, AECT, a través da súa páxina web (http://gnpaect.eu) nos días seguintes á finalización do prazo de presentación de candidaturas.

 

6.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria.

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes, en formato electrónico ou en papel (por correo certificado),  facendo referencia explícita en calquera caso a “Proceso Contratación BlueHuman”, as seguintes direccións:

AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL GALICIA NORTE DE PORTUGAL (GNP, AECT)

  • Rúa Eduardo Cabello, s/n – 36208 Vigo (Pontevedra)

 

 

Requírese que aqueles candidatos que rexistren as solicitudes por correo certificado ou a presenten a través doutros rexistros oficiais, comuniquen o rexistro e envío de documentación, dirixindo un correo electrónico a gnpaect@gnpaect.eu

 

7.- DOCUMENTACIÓN

Os solicitantes, para ser admitidos no proceso de selección acompañarán necesariamente a súa solicitude dos seguintes documentos:

- Curriculum vitae (C.V.) e fotocopia do DNI

- Diplomas, certificados e demais documentación xustificativa de formación e experiencia profesional indicada no C.V. Ata a data límite de recepción das candidaturas non será obrigatorio que a documentación esixida para ser admitido/a sexa compulsada, podendo a mesma ser copia en soporte papel ou copia dixitalizada. Posteriormente, poderá esixírselles aos participantes os orixinais para o seu cotexo en calquera momento do proceso.