Herramientas Personales
Acceder
Usted está aquí: Inicio Comunicación Prensa Noticias LA COMUNIDAD DE TRABAJO GALICIA-NORTE DE PORTUGAL CELEBRA SU PLENARIO EN BRAGA

LA COMUNIDAD DE TRABAJO GALICIA-NORTE DE PORTUGAL CELEBRA SU PLENARIO EN BRAGA

El XI Plenario de la Comunidad de Trabajo Galicia – Norte de Portugal (CT GNP) tendrá lugar el próximo día 15 de mayo, a las 9h30 (hora local), en el INL, en Braga.

O XI Plenario da Comunidade de Traballo Galicia - Norte de Portugal (CT GNP) terá lugar o próximo día 15 de maio, ás 9h30 (hora local), no INL, en Braga, co obxectivo de presentar boas prácticas de cooperación na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal entre actores rexionais como municipios, empresas ou institucións de ensino superior, así como facer Balance e analizar as Perspectivas da Comunidade de Traballo Galicia - Norte de Portugal.

A sesión contará coa presenza do presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal e actual presidente da Comunidade de Traballo Galicia Norte de Portugal, que durante este Plenario cederá a presidencia da CT GNP ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

A CT GNP foi constituída en 1991 pola Xunta de Galicia e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal para un mellor aproveitamento das potencialidades conxuntas das dúas rexións. A CT GNP coordinou e desenvolveu moitas iniciativas e proxectos con resultados tanxibles en termos de infraestruturas, de equipamentos e de mellora de servizos. Tamén proxectos e iniciativas ligadas á investigación, a protección ambiental ou a integración social e institucional.

archivado en: