Herramientas Personales
Acceder
Usted está aquí: Inicio Comunicación Prensa Noticias RELACIÓN PROVISIONAL DE CANDIDATURAS SELECCIONADAS - IACOBUS V

RELACIÓN PROVISIONAL DE CANDIDATURAS SELECCIONADAS - IACOBUS V


Tras avaliar as 295 candidaturas presentadas na plataforma ata o día 20 de decembro, a Comisión aprobou 135 candidaturas: 76 Docentes (PDI), 20 Persoal de Administración e Servizos (PAS) e 39 Investigadores de Doutoramento e de Pos-Doutoramento.

Destas 135 candidaturas seleccionadas, 65 son das universidades portuguesas e 70 son oriúndas das universidades galegas.

As áreas de traballo dos 135 beneficiarios desta 5ª Convocatoria, cuxo período de intercambio decorre entre o día 1 de febreiro e o día 30 de xuño, son moitas, destacando as Ciencias da Saúde, as Humanidades, as Enxeñarías, as Ciencias Económicas e Empresariais, as Ciencias Sociais, as Tecnoloxías da Información e Comunicación, as Ciencias Ambientais, os Recursos Naturais, o Dereito, entre outras.

A 5ª convocatoria ten unha dotación orzamentaria de 150.000€. O programa “IACOBUS” é un Programa de cooperación cultural, científica e pedagóxica que xorde coa intención de dar un paso mais cara a configurar un auténtico espazo de integración interrexional entre as Universidades e institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. IACOBUS, é unha acción impulsada pola Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal que provén das prioridades definidas no PIC - Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión e das estratexias establecidas pola RIS3-T, contando co apoio da Unión Europea, tendo financiamento do Programa INTERREG V-A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020.

A selección dos demandantes foi realizada por unha Comisión de Avaliación presidida polo GNP, AECT, na calidade de entidade xestora do Programa IACOBUS, incluíndo representantes da Fundación CEER, en representación das Universidades da Eurorrexión, da CCDR-N do Norte de Portugal e da Xunta de Galicia.

RELACIÓN PROVISIONAL DE CANDIDATURAS SELECCIONADAS - IACOBUS V

archivado en: