Ferramentas persoais
Iniciar sesión
Vostede está aquí: Inicio Comunicación Prensa Novas O 5º JOB DAY TERÁ LUGAR O 2 DE MAIO, NA ESCOLA DE ENXEÑERÍA DA UNIVERSIDADE DO MIÑO, GUIMARÃES

O 5º JOB DAY TERÁ LUGAR O 2 DE MAIO, NA ESCOLA DE ENXEÑERÍA DA UNIVERSIDADE DO MIÑO, GUIMARÃES

A EURORREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL (AECT) PROMOVE 152 OFERTAS DE EMPREGO NO SECTOR TIC

Empresarios e desempregados do sector TIC protagonizarán o próximo JOB DAY da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT), que terá lugar o próximo 2 de maio en Guimarães. Dedicado ao sector TIC, a quinta edición do Job Day transfronteirizo procura promover a mobilidade e a contratación de traballadores na Eurorrexión. Habilitaránse espazos para entrevistas e contratacións, xunto das empresas inscritas.

Esta edición é organizada en asociación coa Rede Eures Transfronteiriza, o Polo das Tecnoloxías de Información, Comunicación e Electrónica - TICE.PT, a ANETIE - Asociación Nacional das Empresas das Tecnoloxías de Información e Electrónica e o Cluster TIC Galicia.

Os obxectivos dos Job Day pasan sempre por fomentar a creación de emprego e a cooperación transfronteiriza entre as empresas de distintos sectores de actividade. Dende o metal, a hostalaría e restauración, ao sector agroalimentario e forestal, o resultado tense traducido na contratación de máis de medio centenar de desempregados dos dous lados da fronteira.

Os interesados en participar no JOB DAY, envíen CV para: gnpaect@gnpaect.eu

A GNP, AECT facilitará transporte gratuíto dende Galicia a Guimarães para os demandantes transfronteirizos.

 

Ofertas de Emprego

arquivado en: