Ir para o conteúdo. | Ir para a navegação

This is SunRain Plone Theme
Ferramentas Pessoais
Iniciar sessão
Você está aqui: Entrada Projetos NORTEAR Candidaturas abertas ao Premio Literario Nortear 2017

Candidaturas abertas ao Premio Literario Nortear 2017

Aberto o período de presentación de candidaturas ao Premio Literario Nortear 2017 ata o 30 de abril de 2017.

Candidaturas abertas ao Premio Literario Nortear 2017

Promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, a Direção Regional de Cultura do Norte, e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, esta iniciativa busca a promoción de novos escritores, incentivando a produción de obras inéditas no campo da ficción.

O premio trata de incentivar a creatividade literaria entre os mozos escritores residentes na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, fomentando a circulación e distribución de obras literarias alén das fronteiras.

Poden así presentar candidatura ao Premio Nortear, ata o 30 de abril de 2017, todas as persoas nacidas ou rexistradas na rexións Norte de Portugal ou Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

Coñeza aquí o REGULAMENTO do Premio Literario Nortear 2017.

A terceira edición foi presentada, o pasado día 23 de novembro, en Paredes de Coura.

Unha sesión marcada pola entrega do galardón ao portugués Rui Cerqueira Coello, gran vencedor da segunda edición pola obra "Nós, arquipélago”, e pola presentación da edición en libro do Premio Nortear 2015.