A Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal e a Confederación Empresarial da Rexión do Miño (CONFMINHO) alíanse para reforzar o desenvolvemento económico transfronteirizo, a través do coñecemento e a innovación
Trala firma, hoxe, dun protocolo de cooperación entre o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, Nuno Almeida, e o presidente de ConfMinho, Luís Ceia, en Vila Nova de Famalicão (Portugal). Ao acto asistiron o vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, Diego Calvo, ademais do presidente da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e da CCDR-Norte, António Cunha.