NOTICIAS

Últimas noticias
  • MARTA PAIS DE OLIVEIRA É A GAÑADORA DA 8ª EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO NORTEAR PARA A MOCIDADE ESCRITORA DA EURORREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL

    GNP-AECT | 19/09/2022

    A OBRA VENCEDORA, ‘MEDULA’, É UN CONTO EN PROSA QUE DESTACA “POLA SÚA INNOVACIÓN NA INTRODUCIÓN DE ENTIDADES E INSTITUCIÓNS IRREAIS QUE SEN TER CORRESPONDENCIA CO MUNDO REAL, CONFIGURAN A MATERIALIZACIÓN DE UN ESTADO VIXILANTE E CONTROLADOR DO INDIVIDUO, EN PROL DUN SUPOSTO BENESTAR”, PÓDESE LER NA ACTA DO XURADO.

    Más información
  • A XUNTA DEFENDE AS DEMANDAS SOBRE O IMPULSO DO AVE VIGO-PORTO E A SAÍDA SUR DE VIGO QUE A EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL PROPORÁ DE CARA AO PRÓXIMO CUMIO IBÉRICO

    GNP-AECT | 12/09/2022

    O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou esta mañá a sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que xa está a traballar en proxectos conxuntos para optar á nova convocatoria do POCTEP 2021-2027. Entre as prioridades da Eurorrexión tamén destaca o apoio á elaboración do estatuto do traballador transfronteirizo entre España e Portugal e o impulso á conexión internacional por autovía entre Galicia e do noreste portugués.

    Más información
  • O festival IKFEM volta no 19 de agosto co apoio da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

    GNP-AECT | 22/08/2022

    Os concertos celebraranse entre de 19 a 26 de agosto, na Eurocidade Tui- Valença, a destacar o de día 21 de “Il grande Piano”, patrocinado polo AECT da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.

    Más información
  • O proxecto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para implantar a FP DUAL transfronteiriza e homologar os títulos nos 2 países, foi seleccionado polo programa b-solutions

    GNP-AECT | 29/07/2022

    Foi un dos elixidos pola Comisión Europea, a través da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), e encádrase na área temática de emprego e formación. É o cuarto proxecto presentado pola AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que é seleccionado por este programa

    Más información
  • A EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL APOIA A MATOSINHOS E VILAGARCÍA PARA RELANZAR AS ACTIVIDADES CONXUNTAS NO ÁMBITO DO SEU ACORDO DE IRMANDAMENTO

    GNP-AECT | 14/07/2022

    A presidenta da Cámara Municipal de Matosinhos, Luísa Salgueiro, recibiu hoxe ao seu homólogo de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, e ao subdiretor da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, Xosé Lago, para reactivar o acordo de irmandamento entre ambos municipios e definir un plano de desenvolvemento turístico a partir do proxecto ‘O mar que nos une’, aprobado recentemente pola Comisión Europea no ámbito do programa “Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores", no que contou co apoio desta AECT.

    Más información