NOTICIAS

Últimas noticias
  • Rui Coelho vence o Premio Literario NORTEAR 2026 para Escritores Novos da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

    GNP-AECT | 16/09/2026

    “A mulher dos olhos fecundos.” é o conto vencedor desta edición. O vencedor recebe un premio de 3.000 euros e a publicación da obra en portugués e galego.

    Más información
  • AECT Galicia–Norte de Portugal presenta a Visión Estratéxica 2026–2028 para reforzar a cooperación na Eurorrexión

    GNP-AECT | 14/09/2026

    Cinco áreas prioritarias orientarán a acción do AECT nos vindeiros anos, consolidando proxectos de referencia e abrindo novas frontes de cooperación. O AECT da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal presentou hoxe a súa Visión Estratéxica 2026–2028, un novo marco de actuación que pretende reforzar o papel estratéxico da cooperación transfronteiriza e consolidar a Eurorrexión como un espazo común de oportunidades, coñecemento, innovación, competitividade e desenvolvemento.

    Más información
  • O Foro RIS3T marca o lanzamento do proxecto MAISRIS3T e da Folla de Ruta para a Implementación da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza

    GNP-AECT | 09/07/2026

    A Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR NORTE), a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Fundación CEER (Rede de Universidades Públicas Galicia–Norte de Portugal) e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia–Norte de Portugal (GNP, AECT) organizan, o vindeiro 16 de xullo, ás 9:30 horas, na Biblioteca Municipal de Viana do Castelo, o Foro RIS3T, unha iniciativa integrada no proxecto MAISRIS3T, cofinanciado polo Programa de Cooperación Interreg VI-A España–Portugal (POCTEP).

    Más información
  • A exposición “Manxares” chega ao Rosal para poñer en valor o patrimonio gastronómico compartido de Galicia e o Norte de Portugal

    GNP-AECT | 17/06/2026

    A mostra, integrada no proxecto NORTEAR, inaugurarase o vindeiro 22 de xuño

    Más información
  • Galicia e Norte de Portugal reforzan a Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza a través do proxecto MAISRIS3T

    GNP-AECT | 03/06/2026

    O proxecto, dotado con preto dun millón de euros ata 2028, impulsará a gobernanza, a monitorización e a implementación das prioridades compartidas en materia de I+D+i na Eurorrexión

    Más información