NOTICIAS

Últimas noticias

CÉLIA FRAGA VENCE A VI EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO NORTEAR PARA MOZOS ESCRITORES DA EURORREXIÓN GALICIA – NORTE DE PORTUGAL

GNP-AECT | 01/10/2020

“Ganapos”, obra da escritora moza de Bragança, foi elixida polo xurado do certame, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, a Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal e a AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

“Ganapos”, de Célia Fraga, é a obra vencedora do VI Premio Literario Nortear, seleccionada entre os cerca de 30 traballos recibidos pola AECT da Eurorrexión Galicia – Norte e Portugal, producidos por escritores mozos, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. O premio ten como principais obxectivos distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambos os lados da fronteira do Miño, incentivar a produción literaria entre a xuventude galega e a portuguesa e favorecer a circulación e distribución de obras literarias entre a Galicia e Portugal, para reforzar o diálogo cultural entre os dous territorios.

O xurado desta edición estivo presidido por Carla Amado, responsable do Instituto Camões - Centro Cultural Portugués en Vigo, á que se sumaron Arantza Portabales e Ramón Nicolás, escritores galegos e Carlos Lopes, representante da EDÍTAME.

 

ESCRITA ELEGANTE

Os membros do xurado destacaron da obra vencedora, en termos formais, a escrita moi elegante, madura e coherente, incluso nos diversos desdobramentos alcanzados en distintas categorías da narrativa, como o tempo, o espazo, os personaxes e o narrador. Salientouse, tamén, e relativamente ao contido, unha forte utilización da estética.

O Xurado subliñou, aínda, a melloría da calidade dos traballos presentados a concurso, en relación á edición anterior, referindo que á pandemia Covid-19 e do confinamento estiveron presentes na maioría das obras, o que acabou por crear unha “ uniformidade” en torno á temática.

 

UN ESPAZO ÚNICO E COMPARTIDO

Dotado con 3.000 euros, aos que se suma a publicación da obra vencedora, o Premio Literario Nortear procura definirse como un espazo cultural único e compartido na Eurorrexión, promovendo distintas actividades desde o inicio do Nortear, en 2015, para o coñecemento mutuo da cultura, da literatura, da creación artística en xeral, en ambos os territorios. a Eurorrexión, asúmese como un polo cultural, que se pretende de referencia a nivel europeo no ámbito da cooperación transfronteiriza. Xa en 2018 deuse inicio á promoción conxunta de actuacións en diversas disciplinas da creación artística (danza, música, artes escénicas e audiovisuais) coa adaptación da obra “ Clementina”, da escritora Lara Dopazo, vencedora da 1ª edición deste premio, para un musical homónimo, presentado en Vila Nova de Gaia e en Santiago de Compostela, estando xa en axenda a presentación pública da peza teatral da obra galardoada na 4ª edición “Ver”, o día 21 de outubro de 2020, no gran Auditorio do Teatro de Vila Real.

 

O Premio Literario Nortear conta xa con 6 edicións de éxito, contabilizando aproximadamente 230 obras presentadas a concurso, por mozos dos dous territorios. Célia Fraga xúntase, así, ás mozas galegas Lara Dopazo, Cecília Santomé e Sabela Varela e aos dous mozos portugueses, Rui Cerqueira Coello e Sara Brandão, como vencedores deste galardón.

 

A PRÓXIMA EDICIÓN

Atendendo ao éxito da iniciativa cultural NORTEAR e á súa continuidade os próximos anos, o AECT da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal promoveu o desenvolvemento dunha Plataforma Web, que permitirá optimizar a xestión integral de todas as iniciativas ben como a difusión das diversas actividades realizadas. As entidades envolvidas na boa execución do Nortear simplificarán os procedementos para a presentación de candidaturas xa na próxima edición do Premio, e as obras a concurso presentaranse vía plataforma electrónica. A VII Edición do Premio Literaria Nortear será lanzada ao final do ano.

 

 

As tres entidades, que colaboran continuamente, pretenden continuar a promover a expansión e o coñecemento do tecido artístico e creativo, ben como estimular dinámicas de colaboración entre os axentes culturais deste espazo de cooperación.

 

Destacar que o programa Nortear, que é xa una marca rexistrada a nivel europeo, foi considerada como a mellor iniciativa cultural transfronteiriza en 2019 e recibiu o premio “Sail of Papenburg” concedido pola Asemblea Xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (AEBR).

 

Esta iniciativa forma parte do proxecto Nortear, que é cofinanciado polo proxecto 0101_ GNP_ AECT_1_E INTERREG VA”, promovido pola AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Direção Regional de Cultura do Norte.

 

GALERÍA DE IMÁGENES