NOTICIAS

Últimas noticias

A AECT DA EURORREXIÓN GALIZA – NORTE DE PORTUGAL INCORPORA AS FUNDACIÓNS, CENTROS ACADÉMICOS CLÍNICOS E INSTITUTOS DE INVESTIGACIÓN DE SAÚDE DA EURORREXIÓN AO PROGRAMA IACOBUS

GNP-AECT | 10/12/2020

A Convocatoria 2020-2021 abrirase o 14 de decembro | A sinatura da incorporación das Fundacións, Centros Académicos Clínicos e Institutos de Investigación de Saúde ao Protocolo de “Cooperación Cultural, Científica e Pedagóxica entre as Universidades e as institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal”, realizarase o día 11 de decembro, ás 10:30, nas instalacións da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, en Vigo.

A sinatura da incorporación das Fundacións, Centros Académicos Clínicos e Institutos de Investigación de Saúde ao Protocolo de “Cooperación Cultural, Científica e Pedagóxica entre as Universidades e as institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal”, realizarase o día 11 de decembro, ás 10:30, nas instalacións da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, en Vigo.

A Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), a Fundación Profesor Nóvoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur, o Instituto de Investigación e Innovación en Saúde (i3S), o Centro Clínico Académico – Braga (2 CA-Braga) e o Centro Académico Clínico ICBAS – CHP participarán, na modalidade “Estadías de investigación”, no Programa IACOBUS, promovido pola AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Súmanse, así, ás 11 Universidades e 22 Centros Tecnolóxicos que xa forman parte do Programa IACOBUS, contribuíndo, así o fomento da cooperación científica, cultural e pedagóxica, a través da mobilidade dos recursos humanos pertencentes as institucións da Eurorrexión Galiza – Norte de Portugal.

Estarán presentes no acto de sinatura de incorporación das Fundacións, Centros Académicos Clínicos e Institutos de Investigación da Saúde, Alfonso Rueda Valenzuela, Vicepresidente Primeiro da Xunta da Galicia, António Cunha, Presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, ademais dos representantes das 6 institucións adherentes.

Esta incorporación ao Programa IACOBUS da AECT Galicia – Norte de Portugal débese ao interese por favorecer a investigación en saúde trala pandemia provocada polo COVID-19.

As institucións do norte de Portugal e da Galiza devanditas, en colaboración coas Universidades ás que están vinculadas e ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e á Administración Rexional de Saúde do Norte (ARS Norte), están chamados a desempeñar un papel de destaque no desenvolvemento da Eurorrexión como un territorio partillado, tamén no ámbito da investigación e especialmente a vinculada á saúde, polo que a súa incorporación amplía e completa o ecosistema investigador que está a participar no Programa IACOBUS. 

 

Apertura DA 8ª CONVOCATORIA DO PROGRAMA IACOBUS ESTADÍAS DE INVESTIGACIÓN E DA 3ª CONVOCAToRIA DO IACOBUS PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS (PAPERS)

A AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal abre a 8ª Convocatoria IACOBUS Estadías de Investigación e a 3ª Convocatoria IACOBUS – Publicacións Científicas (PAPERS), con período de presentación de candidaturas de 14 de decembro ata 1 de febreiro de 2021, que terá unha dotación financeira total para as dúas modalidades de 250.000€.

Para esta 8ª Convocatoria de Estadías de Investigación, a dotación económica é de 190.000€ e poden participar neste Programa, no caso das Universidades e Institucións de Ensino Superior: -Persoal docente e investigador (PDI); - Investigadores pre– doutorais ou post– doutorais cun vínculo en vigor de investigación (integrados nun grupo de investigación) cunha das Universidades ou Institucións de Ensino Superior (Investigador); - Persoal administrativo e de servizos (PAS).

As Fundacións, Centros Académicos Clínicos e Institutos de Investigación de Saúde, agora integrantes do IACOBUS, son considerados como parte das Universidades ás cales están vinculados.

No caso dos Centros Tecnolóxicos:- Investigador ou gestor de proxectos de I+D+ i con polo menos 5 anos de experiencia crida nestas tarefas (Gestor de Innovación) e, Persoal con funcións de investigación ou xestión de proxectos I+D+ i que non atinxa os 5 anos de experiencia crida nestas tarefas (Técnico de I+D+ i).

As estadías desta edición do Programa IACOBUS deberán ser realizadas a partir do día 15 de marzo até ao 30 de setembro de 2021.

O IACOBUS – Publicacións Científicas (Papers) ten como obxectivo fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e de divulgación científica, a través de axudas económicas á publicación de artigos científicos e de investigación nalgunha das revistas indexadas no vixente Journal Citation Report (JCR) de Clarivate Analytics e, no SCOPUS, para as áreas de humanidades. Estes artigos teñen que ser desenvolvidas en colaboracións transfronteirizas, por autores pertencentes ás institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que participan no IACOBUS. O orzamento total da Convocatoria IACOBUS Papers é de 60.000€.

 

Os Resultados IACOBUS

O IACOBUS é un programa de gran éxito no universo académico da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, con máis de 1 755 demandantes nas sete edicións anteriores, entre os cales foron seleccionados 964 proxectos de investigación, abranguendo múltiples áreas do coñecemento, cunha financiación total de 1.080.600€. 

O programa ten coma obxectivo fomentar a cooperación e o intercambio entre o persoal de Institucións de Ensino Superior e de Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, buscando o desenvolvemento conxunto de actividades formativas, de investigación e de divulgación, a través dun sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, investigadores, persoal administrativo e de servizos, xestores de innovación e técnicos de I+D+ i, entre as entidades que subscribiron o “Protocolo de Cooperación Cultural, Científica e Pedagóxica entre as Universidades e as Institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” o día 11 de abril de 2014, en Vigo, e os Centros Tecnolóxicos que subscribiron a súa inclusión neste Protocolo a través da Adenda asinada o día 14 de setembro de 2018, no Porto.

O Programa IACOBUS é cofinanciado polo Programa INTERREG VA España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

 

Para máis información: https://iacobus.gnpaect.eu/ou gnpaect@gnpaect.eu

GALERÍA DE IMÁGENES