NOTICIAS

Últimas noticias

O ESCRITOR E XORNALISTA PEDRO RODRÍGUEZ VILLAR É O GAÑADOR DA 7ª EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO NORTEAR PARA A MOCIDADE ESCRITORA DA EURORREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL

GNP-AECT | 22/10/2021

A OBRA VENCEDORA “O AMOR DAS PEDRAS”, É UN CONTO EN PROSA QUE DESTACA “POLA SÚA FERMOSA NARRATIVA, LINGUAXE POÉTICA, O SEU LIRISMO PARTICULARMENTE EMOTIVO E BO RITMO NARRATIVO PARA TRATAR OS TEMAS DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER E DO AMOR”, PÓDESE LER NA ACTA DO XURADO.

Un total de 46 escritores novos presentaron as súas obras a concurso nesta 7ª edición do Premio Literario Nortear, unha iniciativa da AECT da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Turismo e Universidade da Xunta de Galicia e da Direção Regional de Cultura do Norte e da. O gañador desta convocatoria, o xornalista Pedro Rodríguez Villar, de 24 anos é natural de Nigrán (Pontevedra). Emocionado e agradecido dedica o prémio os seu avós, Lano y Milda, os seúdonimos cos que se presentou no concurso. “O meu avó é mariñeiro e traballou no mar o que non foi impedimento para me contar moitas noites contos fermosísimos cheos de amor e de lirismo”, explica Pedro Rodríguez, que xá ten escrito 12 obras de teatro e varias obras poéticas.

Das 46 obras presentadas nesta convocatoria, 19 están escritas en galego e castelán e 27 en portugués. O xurado deste premio foi presidido por Gonzalo Constenla, director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e constituido por Cecilia Fernández  Santomé, escritora galega e vencedora da 3ª edición deste premio; Ramón Nicolás, profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego; Ana Araújo, Técnica Superior na Divisão de Promoção e Dinamização Cultural da Direção Regional de Cultura do Norte e Carlos Lopes en representación da Editora “Edita-me”.“O amor das pedras” é considerado polo xurado como “un conto en prosa que destaca “pola sua fermosa narrativa, linguaxe poética e o seu lirismo particularmente emotivo repleto de excelentes descriciones, con moi bo ritmo narrativo e un destacado bo uso da língua, para tratar o tema do amor”.

Pedro Rodríguez Vilar, receberá o premio nas próximas semanas sumándose ás mozas galegas Lara Dopazo, Cecilia Santomé e Sabela Varela e os tres portugueses, Rui Cerqueira Coelho, Sara Brandão e Célia Fraga, como vencedores deste premio, consolidado como unha referencia para a promoción da mocidade escritora da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

SETE EDICIÓNS DE ÉXITO

O Premio Literario Nortear conta xa con 7 edicións de éxito, sumando aproximadamente 280 obras presentadas a concurso, por mozos e mozas entre os 16 e 36 anos dos dous territorios. Dotado con 3.000 euros, ademais da publicación da obra vencedora, o Premio Literario Nortear procura definirse como un espazo cultural único e compartido na Eurorrexión. Os seus obxectivos principais son: distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambos lados da fronteira, incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e portuguesa e favorecer a circulación e distribución de obras literarias entre Galicia e Portugal, para reforzar o diálogo cultural entre os dous territorios.

Esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, no ambito do Programa Interreg V A España - Portugal (POCTEP).

EL GANADOR

Encántame contar historias. O meu avó ensíname dende que nacín fai 24 anos (01/11/1996 Nigrán). Por iso, seguramente, son xornalista, director de teatro afeccionado, e soño con emocionar escribindo como sempre fai el falando.

De neno quería ser arquitecto, pero debuxo fatal. Conforme pasaron os anos e grazas a miña familia, ao meu mestre, e a unha persoa coa que teño a sorte de compartir o meu día a día, comecei a escribir. Escribo por necesidade, como catarse, pero tamén por diversión. Quero sacar de min todas as palabras que me angustian pola noite e tamén as que me fan amar o mundo que me rodea. Quero ser escritor, facer da miña imaxinación unha forma de vida que poda conectar con outras. Tal e como fixo o meu avó, home de mundo sen saír de Baiona, conmigo cando era neno. Polo de agora, a escritura xa me trouxo moitas alegrías. Levoume a Colombia coa Ruta Quetzal, fíxome coller un premio nun teatro Colón da Coruña cheo e agora regálame este V Premio Nortear de Literatura. 

“O amor das pedras” trata dunha moza que cando a asasinan transfórmase en pedra e dun mozo que ten o corazón roto pola vida. Sen coñecerse, co vento, cunha natureza que respira maxia, son un fanático do realismo máxico, e co amor son capaces de curar. Como fixen eu que curei o desamor cunha chea de amor.

GALERÍA DE IMÁGENES