O Programa IACOBUS abre novas convocatorias 2022-23 para estancias de investigación e publicacións científicas (Papers) na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, cun orzamento total de 200.000 euros
GNP-AECT
| 15/11/2022
- A Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal abre novas convocatorias 2022-23 do programa IACOBUS, nas modalidades de Estancias de Investigación e Publicacións Científicas (Papers), destinadas a PDI, Investigadores pre e posdoutorais e PAS das Universidades, Institutos Politécnicos e Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
- As candidaturas están abertas dende o 15 de novembro ata o 16 de decembro de 2022.
- As novas convocatorias teñen unha dotación financeira total de 200.000 €, 150.000 € destínanse ás Estancias de investigación e os 50.000 € restantes ás Publicacións Científicas (Papers)
- Resérvase unha cota do 5% das estancias de investigación para ser cubertas en
O Programa IACOBUS – https://iacobus.gnpaect.eu/ - é un programa de cooperación científica, cultural e pedagóxica, xestionado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, que ten como principais obxectivos promover e fomentar sinerxías e o desenvolvemento conxunto de actividades de investigación, formativas e de divulgación entre Universidades, Institutos Politécnicos e Centros Tecnolóxicos e Fundacións Biomédicas da Eurorrexión GNP.
O IACOBUS inclúe proxectos de investigación de tódalas áreas de coñecemento. Ten gran éxito no universo académico da Eurorrexión, como demostran os números globais das anteriores edicións con mais de 2.300 candidaturas presentadas cun financiamento total de case de 1.600.000 €.
O IACOBUS Estancias de Investigación promove e financia estancias transfronteirizas para o desenvolvemento de proxectos de investigación nunha das entidades que participan no programa, son 39 (7 Universidades; 4 Institutos Politécnicos, 22 Centros Tecnolóxicos e 6 Fundacións/Institutos de Investigación de Saúde). Poden presentar candidaturas ao programa docentes (PDI); investigadores pre e posdoutorais; e persoal de administración e servizos (PAS) por parte das institucións de ensino superior. No caso dos Centros Tecnolóxicos poden participar Xestores de Innovación, con polo menos 5 anos de experiencia nesas tarefas, e Técnicos de I+D con menos de 5 anos de experiencia.
Para poder participar, os candidatos teñen que ter contrato laboral/vínculo de investigación en vigor -tamén durante o período de realización do intercambio- con algunha das entidades participantes, así como estar en condicións de poder traballar do outro lado da fronteira.
As novas convocatorias promoven medidas en prol da igualdade de oportunidades, reservando un 5% das estancias de investigación para persoas con diversidade funcional que acrediten, mediante certificado, un grao de, a lo menos, un 33% de discapacidade, sempre que superen a nota de corte definida pola Comisión de Avaliación.
O IACOBUS - Publicacións Científicas (Papers) promove axudas económicas á publicación de artigos científicos e de investigación nalgunha das revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) ou no SCOPUS. Trátanse de dous indicadores de calidade máis coñecidos e máis empregados polos organismos de avaliación da actividade investigadora a escala internacional. Estes artigos teñen que ser desenvolvidos a través da colaboración transfronteiriza conxunta, por autores pertencentes ás institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Universidades e Institutos Politécnicos) que forman parte do programa.
O IACOBUS é un programa que está fundamentado nas prioridades definidas no Plan de Investimentos Conxuntos Galicia - Norte de Portugal (PIC 21-27) e nas áreas estratéxicas establecidas pola Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia - Norte de Portugal (RIS3-T). Destacar tamén que o programa conta con apoio e financiamento da Unión Europea, a través do programa POCTEP.
O período de candidaturas é do 15 de novembro ata o 16 de decembro de 2022. Tódolos documentos das novas convocatorias xa están dispoñibles na Web do programa. As candidaturas son presentadas directamente na mesma plataforma (iacobus.gnpaect.eu).
Para máis información contactar directamente coa AECT da Eurorrexión GNP a través dos e-mails: gnpaect@gnpaect.eu e iacobus@gnpaect.eu
GALERÍA DE IMÁGENES