NOTICIAS

Últimas noticias

50 directores dos principais medios da Eurorrexión reúnense hoxe e mañá en Matosinhos para abordar a situación no sector e encontrar novas vías de colaboración

GNP-AECT | 28/06/2023

O seminario, organizado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, comezou esta noite, na Casa da Arquitectura de Matosinhos, cunha cea presidida polo vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, o presidente da CCDR-Norte e da Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, António Cunha, e a alcaldesa de Matosinhos, Luísa Salgueiro. O Presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, o titular da Xunta, Alfonso Rueda, e o ministro de Cultura luso, Pedro Adão e Silva, enviaron vídeos que se emitirán mañá, na inauguración oficial das sesións do seminario.​

O primeiro seminario de directores e editores de medios de comunicación de Galicia e do Norte de Portugal arrancou esta noite na Casa da Arquitectura de polo vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, o presidente da CCDR-Norte e da Matosinhos cunha cea presidida Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, António Cunha, e a alcaldesa de Matosinhos, Luísa Salgueiro. O evento é unha iniciativa da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e reúne ata mañá a 50 directores e editores dos principais medios de comunicación de Galicia e do Norte de Portugal para analizar a situación do sector na Eurorrexión e tentar atopar maneiras de colaborar ao carón e outro da Raia.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou na súa intervención o importante papel que desempeñan os medios en dar a coñecer o que acontece a ámbolos lados da Eurorrexión. En concreto, incidiu en que “son unha peza fundamental para crear unha imaxe común a través dun sentimento e un espazo compartidos e de pertenza”. Por iso, considera que “este seminario servirá para abordar as cuestións que afectan aos medios que atende á actualidade da zona entre Galicia e o Norte de Portugal e establecer vías de colaboración”.

Diego Calvo, sinalou tamén que “a cooperación transfronteiriza que se vén levando a cabo entre a Xunta e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento do Norte (CCDR-N) desde 1991, a través da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, contribúe a eliminar o efecto fronteira potenciando os vínculos e intercambios entre territorios”. Para Calvo “esa colaboración afianzouse coa creación en 2010 da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Así, a cooperación abarca distintos ámbitos como o educativo co programa IACOBUS ou o cultural co NORTEAR e preténdese estender agora aos medios de comunicación”.

O presidente da Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, e da CCDR-Norte, António Cunha, afirmou “o papel determinante dos medios de comunicación social para dar a coñecer ás nosas poboacións o que acontece do outro lado e encontrar novos camiños de cooperación para nos aproximar aínda máis nesta Eurorrexión única que compartimos”.

O seminario proseguirá mañá ás 10 (hora portuguesa) cunha intervención do director do canal TVI en Oporto, João Fernando Ramos. Dividirase en dúas mesas redondas. A primeira abordará a situación actual dos medios na nosa Eurorrexión e será moderada polo director da emisora de radio portuguesa TSF, Domingos de Andrade. Nesta mesa participan o director de La Voz de Galicia, Xosé Luis Vilela, a de Jornal de Noticias, Inês Cardoso, a subdirectora do Faro de Vigo, Irene Bascoy, e o director do xornal portugués Público, David Pontes.

A segunda mesa centrarase en encontrar novas vías de colaboración a ambos lados da Raia. O moderador será o director territorial da RTVE en Galicia, Ramón Vallés, e nela participarán a directora da Agencia Lusa, Luísa Meireles, a da Axencia EFE en Portugal, Mar Marín, o director adxunto de información da RTP, Hugo Gilberto, o director de contidos da CRTVG, Fernando R. Ojea, e o director xeral da Cadena Ser en Galicia, Mario Moreno.

As conclusións do seminario serán lidas pola directora do Porto Canal, Estela Machado, e a responsable de comunicación da AECT da Eurorrexión, Begoña Íñiguez.

GALERÍA DE IMÁGENES