NOTICIAS

Últimas noticias

Abre a 6ª Convocatoria do Programa IACOBUS

GNP-AECT | 25/10/2018

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia–Norte de Portugal ( GNP, AECT) abre a 6ª Convocatoria IACOBUS, con período de candidaturas de 29 de outubro até 22 de novembro de 2018.

Esta 6ª edición do Programa IACOBUS ten novas e importantes iniciativas. Na 6ª Convocatoria IACOBUS – ESTANCIAS de INVESTIGACIÓN, o GNP, AECT entidade xestora do Programa, considerou importante a inclusión dos Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión no programa, pois son institucións de gran prestixio no desenvolvemento da investigación e innovación. A dotación económica do IACOBUS – Estancias de Investigación é de 185.000€.

 

A ampliación do IACOBUS – Estancias de Investigación, é unha excelente ferramenta para fomentar a cooperación e promover o desenvolvemento conxunto de proxectos de investigación e innovación entre as Institucións de Ensino Superior e os Centros Tecnolóxicos. Outra das vantaxes desta adhesión é permitir ampliar o campo de mobilidade para as estancias de investigación.

 

De referir que van a participar, no Programa IACOBUS, 22 Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión, homologados polas Administracións competentes de España e Portugal.

 

O IACOBUS é un programa de gran éxito no mundo universitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, con máis de 1200 demandantes entre as 5 edicións anteriores, dos cales foran seleccionados 639 proxectos de investigación de todas as áreas do coñecemento, cun financiamento total de cerca de 700.000 €.

 

Outra das novas iniciativas é a primeira edición do IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS ( PAPERS).

Esta convocatoria estará aberta de 29 de outubro até 7 de decembro de 2018. O IACOBUS – Publicacións Científicas ten como obxectivo principal fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e divulgación científica, a través de axudas económicas á publicación de artigos científicos e de investigación - papers- nalgunha das revistas indexadas no vixente Journal Citation Report ( JCR) de Clarivate Analytics, e no SCOPUS, para as áreas de humanidades. Estes artigos teñen que ser desenvolvidas en cooperación transfronteiriza, por autores pertencentes ás institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que participan no IACOBUS. O orzamento total da convocatoria Papers é de 50.000€.

 

O GNP, AECT vai realizar varias sesións técnicas de presentación e esclarecemento das novas iniciativas da 6ª Convocatoria IACOBUS, en Galicia e no Norte de Portugal. As sesións contarán coa presenza dos responsábeis do AECT, de representantes da Fundación CEER, e tamén coa presenza de participantes de anteriores convocatorias, que darán testemuño da experiencia da súa participación no IACOBUS. Para máis información: iacobus.gnpaect.eu  ou gnpaect@gnpaect.eu.

 

Intitucións participantes no PROGRAMA IACOBUS

 

GALERÍA DE IMÁGENES