NOTICIAS

Últimas noticias

A Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal , AECT presenta o “Anuario da Eurorrexión 2018” en Valença

GNP-AECT | 17/04/2019

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, a Xunta de Galicia, a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N) e a Eurocidade Tui-Valença presentarán na Câmara Municipal de Valença, o próximo día 23 de abril ás 11:30 (hora local), o Anuario da Eurorrexión 2018.

A sesión será presidida polo Vicepresidente da Xunta da Galicia, Alfonso Rueda, pola Vicepresidenta da CCDR-N, Ester Silva e polos representantes da Eurocidade Valença-Tui.

 

Esta publicación reúne informes, comunicacións e actos de responsábeis políticos, de axentes sociais, da prensa e da gran maioría das institucións que operan na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

 

Neste anuario, para alén do destaque a iniciativas institucionais de cooperación transfronteiriza desenvolvidas pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT), polas Eurocidades e por outros axentes do territorio, tamén se encontran refletidas accións que procuran a dinamización da cooperación activa en prol da investigación, a cultura, o emprego e o desenvolvemento económico, destacando especialmente o Programa IACOBUS.

 

Inclúe ademais algúns dos acontecementos máis relevantes de 2018, tanto en España e Portugal como na Unión Europea e no mundo, que dalgún modo tiveron influencia na Eurorrexión.

 

Para máis información: gnpaect@gnpaect.eu

GALERÍA DE IMÁGENES